LAS PALABRAS SON MITAD DE QUIEN LAS PRONUNCIA Y MITAD DE QUIEN LAS RECIBE. MONTAIGNE

lunes 27 de abril de 2009

E nada lle daba máis medo que estar soa, ainda que nos últimos tempos comezaba a sentir que esa soidade formaba parte da súa vida, e que o raro sería o contrario. Debatía consigo mesma sobre a posibilidade de ser un bicho raro…mmmm…iso podería explicar moitas cousas…pero claro, escapaba da súa lóxica racional, e iso NON podía ser. Nos últimos meses sentía que os últimos anos pasaran moi rápido, e albergaba tamén unha sensación difícil de perda de tempo, incomodidade, inseguridade…decisións erradas. Un pouco cansa de vagar pola mesma situación.

Pechou a porta. 

2 comentarios:

Juanje dijo...

Volveu a musa.......canto me alegro

Alberto J. Franco B. dijo...

Acabo de descubrir o teu blog... e non sabes canto me alegro. Parabens!!