E a veces respiraba con dificultade cando recordaba os anos que pasaran sen estar o seu lado.
Corría pola rúa con prisa, coma sempre, para chegar a algún lugar probablemente pouco importante, pero que o seu trastorno de ansiedade xeralizada lle facía considerar imprescindible. Corría sen folgos, e quedou nun paso rápido, que era moito máis elegante, e tendo en conta a súa pobre forma física, incluso máis operativo. Ía con presa, coma sempre, levaba o ipod, tamén coma sempre, gustáballe percorrer as rúas daquela cidade con banda sonora, sobretodo se ainda por riba podía escollela, e alternaba entre Xente de Berrogueto, e Mr. Brightside de The Killers (diferentes? A ela sempre lle gustara coller de todas partes, ser un pouco de todo, facerse con pedazos, igual por iso adoraba o conto de Elmer; un elefante de cores que se sentía moi pequeniño nun mundo de milleiros de elefantes grises e iguais, igual por iso na casa dicían que non se parecía a ninguén, igual era que se parecía un pouco a todos...)
Corría con presa, pero parou de súpeto. Unha risa coñecida, demasiado coñecida, que non esquecera a pesar dos anos que pasaran. Asustada por un posible reencontro mirou os lados, centos de imaxes e momentos pasaron diante dos seus ollos, momentos esquecidos que voltaron con esa risa. Mirou os lados, deu voltas sobre ela mesma, pero só vía xente pasar, e xa non escoitaba a risa, voltou á realidade. Gardou de novo as imaxes na caixa dos recordos, na súa caixa dos recordos, que tiña como música esa risa, unha canción que falaba de xogar nunha cociña, e un poema de J. Goytisolo.
Correu de novo, chegaba tarde, e todo debía estar en orde.